miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández reúnese cos veciños e sectores comercial e empresarial do Casco Histórico para dar a coñecer as medidas que permitirán a renovación integral da zona

Agustín Hernández reúnese cos veciños e sectores comercial e empresarial do Casco Histórico para dar a coñecer as medidas que permitirán a renovación integral da zona
Foto de arquivo
Agustín Hernández reúnese cos veciños e sectores comercial e empresarial do Casco Histórico para dar a coñecer as medidas que permitirán a renovación integral da zona

O candidato Popular explicou que o seu equipo está a traballar na elaboración dun programa no que se reúnen novas políticas transversais que recollan as solución para os problemas que ven denunciando a veciñanza dunha zona que é o corazón da cidade

O candidato e presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, mantivo onte unha reunión con veciños e representantes do sector comercial e empresarial do Casco Histórico santiagués para facerlles chegar as distintas medidas que permitirán acadar a renovación integral desta zona de Santiago de obter a confianza dos santiagueses o vindeiro 26 de maio.

Durante a xuntanza, que se celebrou na sede de Compostela Monumental, Hernández estivo acompañado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e pola directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, ademais de pola candidata número 3 ao Congreso dos Deputados, Valentina Martínez

O candidato Popular explicou que o seu equipo está a traballar na elaboración dun programa no que se reúnen novas políticas transversais que recollan as solución para os problemas que ven denunciando a veciñanza dunha zona que é o corazón da cidade.

Agustín Hernández lembrou que hai uns día xa presentou un Plan de Revitalización do Casco Histórico, que servirá para superar os actuais problemas, que están a impedir que o Casco Histórico avance e se modernice ao mesmo ritmo que o resto da cidade. Este documento aprobarase nos tres primeiros meses de mandato e será elaborado e levado a efecto pola Oficina de Rehabilitación. O Plan porase en marcha a través do consenso e a participación dos diferentes sectores sociais.

Os veciños expuxeron os numerosos atrancos aos que se enfrontan diariamente como: o incumprimento horarios e limitacións de acceso; caos de tráfico; problemas de convivencia; lentitude nas autorizacións, ausencia dunha planificación e falta de limpeza, ademais dun progresivo abandono do comercio, entre outros.

Pola súa banda, os responsables da Xunta e a candidata ao Congreso dos Deputados manifestaron a súa total disposición para axudar, na medida das súas competencias, a apoiar e executar medidas que sirvan para mellorar a calidade de vida pos veciños do Casco Histórico santiagués.

Compromisos

Dentro do compromiso que compromete Hernández, inclúese un Plan de Choque, onde se reformule e modernice o sistema de acceso e de control de vehículos autorizados; realizarase tamén un gran impulso na implantación da fibra óptica, por elo, en paralelo á redacción da actualización do Plan Especial, deseñarase un catálogo de solucións técnicas que conte co visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio, cun documento técnico completo, no que se detallen todos os parámetros arquitectónicos necesarios.

Ao mesmo tempo procederase, en colaboración coa Xunta, a solicitar ao Ministerio a declaración do casco vello de Santiago zona branca NGA, o que permitirá que se poidan acordar as axudas estatais de despregue de fibra.

Agustín Hernández incidiu en que, de obter a confianza dos veciños, procederá a arranxar os actuais problemas de convivencia, mediante tres iniciativas como o despregue da Policía Local e coordinación coa Policía Nacional, para incrementar a súa presenza; a optimización do funcionamento das cámaras situadas; e a aprobación da ordenanza de convivencia da FEMP, para habilitar as forzas e corpos do Estado para actuar ante situacións de desordes.

Así mesmo, os Populares ofrecerán a veciños e comerciantes do Casco Histórico unha maior axilidade nas autorizacións, polo que o Concello ten que converterse no socio imprescindible nas tramitacións das autorizacións, permisos e licenzas e non un obstáculo, para elo reforzaranse as oficinas municipais e complementaremos os servizos correspondentes para garantir unha resposta rápida e clara; e reforzaremos e modernizaremos a Oficina do Casco Histórico para axilizar os seus informes.

Dentro do Plan de Choque para o comercio da cidade, que nos vindeiros días presentaremos como unha medida máis, “priorizaremos as axudas e as iniciativas da cidade histórica, a través da discriminación positiva cara a actividades que xeren máis valor engadido.

Hernández destacou que, no novo contrato de recollida de lixo e de limpeza, incorporaranse solucións tecnolóxicas innovadoras para o Casco Histórico, con vehículos máis pequenos e eficientes e cunha recollida mellor coordinada e planificada.

Santa Marta

Durante esta xornada, a candidatura do Partido Popular de Santiago tamén mantivo unha reunión coa Asociación de Veciños de Santa Marta, que lle expuxeron as problemáticas que vive este emblemático barrio compostelán, como melloras nas beirarrúas, adecuación de prazas de aparcamento ou a creación de espazos deportivos entre outras reclamacións.

Comentarios
Lo más