miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Grupo Municipal Popular advirte dos “bandazos” de Compostela Aberta co Centro Social do Casco Histórico

O Grupo Municipal Popular advirte dos “bandazos” de Compostela Aberta co Centro Social do Casco Histórico
Foto de arquivo
O Grupo Municipal Popular advirte dos “bandazos” de Compostela Aberta co Centro Social do Casco Histórico

O anuncio da cesión dun inmoble da USC, na rúa Casas Reais, para a súa conversión en centro social, pon en evidencia a descoordinación e o descontrol do Goberno de CA que encargou e pagou un proxecto para acondicionar outro local como centro social na Praza Salvador Parga

Segundo afirman os populares, o anuncio da cesión dun edificio da Universidade, na rúa Casas Reais, para a súa conversión en centro social do casco histórico, pon en evidencia a descoordinación e o descontrol do Goberno de Compostela Aberta á hora de dotar ao ámbito monumental dun centro sociocultural en condicións; unha necesidade da que o goberno municipal é consciente desde o inicio do mandato.

O PP sostén que o pasado 30 de outubro de 2017 o goberno municipal autorizou un gasto de 14.883 euros para realizar a redacción do “Proxecto de rehabilitación do local en planta baixa e do xardín” dun inmoble da Praza Salvador Parga, con destino a centro social do Casco Histórico e o pasado 20 de xullo de 2018 a Xunta de Goberno aprobou o proxecto, un proxecto tamén chamado a permitir a conexión entre o xardín do inmoble rehabilitado e o Xardín de Amarante, a fin de acadar así a súa reapertura ao público.

O Grupo Municipal Popular entende que o Goberno de CA ten que explicar a cuestionable lóxica dos seus proxectos paralelos en orde a dotar dun centro social ao casco histórico, así como os custes e a eficiencia económica da alternativa temporal do local de Casas Reais que agora se anuncia.

Comentarios
Lo más