Volta a entrenar por parte do Santiago Futsal
16:51 15/04/19
16:51 15/04/19
Os xogadores adestraranse luns pola tarde, martes en dobre quenda e mércores pola mañá
Tras o seu regreso a terras compostelás despois da súa vitoria por 3-7 contra o AD Colo Colo Zaragoza, o equipo celeste terá unha semana atípica debido ao parón ligueiro pola celebración da Semana Santa.
Os xogadores adestraranse luns pola tarde, martes en dobre quenda e mércores pola mañá. Despois concederanse días libres ata o luns 22, cando se reunirá de novo o grupo para preparar o choque contra O Pozo Cidade de Murcia B que se disputará o vindeiro venres 26 de Abril.