jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Vitoria do Peleteiro masculino que non entra na final a catro

Vitoria do Peleteiro masculino que non entra na final a catro
Vitoria do Peleteiro masculino que non entra na final a catro

Remata a liga o 27 de abril no Grove contra o xa primeiro clasificado o Meco

Os de Peleteiro sairon en Ourense coa mentalidade e intensidade necesaria, sabedores que a única opción que tiñan de intentar meterse na fase de ascenso pasaba por gañar. E así foi, desde o primeiro cuarto pasaron a dominar o marcador e non o deixaron ate o final.

En defensa pecharon ben o rebote e Pedro asumía na ofensiva con 9 puntos. No segundo cuarto seguiron mantendo unha boa liña de traballo pero os de Ourense comezaron  a dominar o rebote ofensivo e recortaban a distancia. Unhas boas accións finais de Raviña facían que se chegara ao descanso cunha renda de 13 puntos.

A saída do vestiario foi boa pero, mediado o cuarto, varias perdas de balón facían que os locais rebaixasen a diferencia. 5 puntos de Sergio ao final de cuarto facían que mantiveran unha renda de 10 puntos.

No último cuarto foi un toma e daca dos dous equipos. Uns repondían as triplas dos outros (Pablo con dúas neste cuarto) e entrabaron nos últimos minutos con 6 puntos de vantaxe. Finalmente os de Peleteiro apuraron en defensa, pechando ben o rebote, e souberon rematar o partido con acerto desde a liña de tiros libres.

Remata a liga o 27 de abril no Grove contra o xa primeiro clasificado o Meco. Tal e como foi a xornada, coas vitorias de Porriño e Cía, xa non teñen opcións de meterse na final a catro, polo que intentarán pechar a liga con bo sabor de boca e traer a vitoria. 

Comentarios
Lo más