Xornada de ceos cubertos con posibilidade de chuvia
08:00 14/04/19
08:00 14/04/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 12º e a máxima os 17ºC
O domingo os ventos de compoñente sur achegarán moita humidade deixando unha xornada de ceos cubertos en toda Galicia, con orballos na franxa atlántica probables durante todo o día e chuvascos na metade leste durante a tarde.
As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 12º e a máxima os 17ºC.
Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, con máis intensidade no litoral atlántico.