jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Veciños de Aríns manteñen un encontro con Bugallo

Veciños de Aríns manteñen un encontro con Bugallo
Veciños de Aríns manteñen un encontro con Bugallo

Entre as prioridades dos veciños de Aríns estaría a construción dunha senda peonil na rúa San Martiño e na rúa Sena ata a rotonda do Campo das estrelas

O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo,e membros da súa lista, reuníronse onte coa AVV de Aríns. Puideron coñecer de primeira man as necesidades dos veciños. Entre elas, melloras no acceso ao cemiterio, recuperación da vella escola, sendas peonís, un parque infantil, melloras no transporte, ou levar os servizos de auga e saneamento a toda a parroquia.

Peticións que, segundo asegurou Sánchez Bugallo, “son, en esencia, as mesmos que se expuxeron hai oito anos, e que seguen, oito anos despois, sen solución”. En todo caso, asumiu o compromiso de “dar resposta a todas as demandas plantexadas”.

En concreto, os veciños demandaron o arranxo e ampliación da pista de acceso ao cemiterio para permitir a mobilidade dos vehículos cando hai funerais ou eventos na propia igrexa; a recuperación da escola vella e o seu uso a destinos de interese social que poidan ser compartidos con outras parroquias colindantes, como Bando, Marrozos ou O Eixo; o acondicionamento dunha parcela que hai xunto á igrexa para destinala a parque infantil; a conservación de distintas vías; e a mellora do alumeado.

Entre as prioridades dos veciños de Aríns estaría a construción dunha senda peonil na rúa San Martiño e na rúa Sena ata a rotonda do Campo das estrelas; o que melloraría, aseguran, a seguridade dos peóns.

En canto á auga e o saneamento, Sánchez Bugallo explicoulle o compromiso da súa candidatura, avanzado o sábado pasado: dotar destes servizos a todas as parroquias do rural, nun prazo de oito anos. O custe, 52 millóns de euros, financiaríase con aportacións do propio concello, a través de convenios coa Xunta e con outros concellos limítrofes, e a través do recadado pola xestión da rede. Tamén lles lembrou a intención da súa candidatura de crear a concellaría de Medio Rural.

No encontro estaban presentes varios membros da Asociación de Veciños de Aríns; e Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Javier Fernández e José Manuel Pichel, todos eles membros da candidatura de Sánchez Bugallo.

Comentarios
Lo más