jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Comezan a chegar as nubes a Compostela

Comezan a chegar as nubes a Compostela
Comezan a chegar as nubes a Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 16ºC

O sábado Galicia irá perdendo a influencia anticiclónica debido ao achegamento dunha fronte cálida polo Atlántico. 

Deste xeito, os ceos estarán máis anubrados canto máis ó oeste, onde haberá posibilidade de chuvias febles, que se estenderán ó resto de Galicia pola noite. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 16ºC.

O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral, moderado na costa.

Comentarios
Lo más