jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Roteiro teatral este sábado para comezar a celebrar a Festa do Banquete

Roteiro teatral este sábado para comezar a celebrar a Festa do Banquete
Roteiro teatral este sábado para comezar a celebrar a Festa do Banquete

Será grazas aos Quinquilláns, que ofrecerán dende as 12:00 da mañá un roteiro participativo e aberto para todo tipo de públicos, semellante ao ofrecido o ano pasado, para convidar aos veciños e veciñas á gran Festa do Banquete

A segunda edición da Festa do Banquete celebrarase os días 3, 4 e 5 de maio no barrio de Conxo e, para preparar a data, a veciñanza terá a oportunidade este sábado de coñecer que aconteceu aquel 2 de marzo de 1856.

Será grazas aos Quinquilláns, que ofrecerán dende as 12:00 da mañá un roteiro participativo e aberto para todo tipo de públicos, semellante ao ofrecido o ano pasado, para convidar aos veciños e veciñas á gran Festa do Banquete. No roteiro narraranse os feitos acontecidos aquel día de marzo de 1856, explicando os motivos polos que se celebrou o banquete.

Participarán Rosalía de Castro, interpretada por Rocío González; Aurelio Aguirre, a cargo de Inacio Vilariño; Hixinio Rodeiro será Eduardo Pondal; a cacheirana que fará de enlace de toda a historia estará interpretada por Tero Rodríguez; o personaxe de Fandiño será Borxa Insua e o crego interpretarao Lucho Penabade. A acción estará acompañada pola música dos Muiñeiros do Sarela, mudando a regueifa do ano pasado polos cantos de taberna, o que permite destacar aínda máis o espírito festivo desta celebración.

O roteiro terá unha duración de aproximadamente hora e media, con saída na praza de Cervantes e chegada á praza do Toural. A comitiva realizará as seguintes paradas: praza de San Agustín, San Fiz de Solovio e Orfas. 

Comentarios
Lo más