jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

María Marticorena inaugura as actividades "Do Camiño Vivido" en Ordes

María Marticorena inaugura as actividades  "Do Camiño Vivido" en Ordes
María Marticorena inaugura as actividades "Do Camiño Vivido" en Ordes

Dende onte quedou instalada no Museo do Traxe a súa intervención artística, baseada na confección de traxes de peregrinos

A segunda edición do programa Do Camiño Vivido 2019 chegou a Ordes. María Marticorena foi a encargada de abrir o programa de actividades destinadas a Ordes. Dende onte quedou instalada no Museo do Traxe a súa intervención artística, baseada na confección de traxes de peregrinos.

A segunda e última das citas terá lugar hoxe sábado arredor das 19:00 horas. Neste caso a danza contemporánea, o teatro e a música experimental invadirá a alameda da man de Pisando Ovos (Ruth Balvís e Jash Processor). Pezas experimentais na que un dejay e unha bailarina danse a man creando un códico de comunicación vangardista e único capaz de transformar o son e o movemento.

Do Camiño Vivido é unha iniciativa desenvolvida ata o mes de xuño pola Deputación da Coruña nos municipios de Ordes, Narón, Culleredo, Oroso e Betanzos. O punto de conexión entre todos eles é O Camiño Inglés, escenario para esta “festa da cultura contemporánea” aberta á cidadanía que se completa con máis de media ducia doutras tantas intervencións creativas e artísticas que pasan polo teatro, demostracións de cociña, funambulismo, circo ou música. 

Ademais dos xa mencionados Natasia Zürcher, Blues do País, Ser Danza, Paula Quintas, a Compañía Traspediante, Guillermo Pérez, Francisco Kike Piñeiro sairán tamén á rúa para difundir e achegar o patrimonio e valor cultural que existe a carón do Camiño Inglés.

Comentarios
Lo más