jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Bugallo destaca as xestións realizadas pola candidatura para a licitación do orbital, aprobada onte polo Consello de Ministros

Bugallo destaca as xestións realizadas pola candidatura para a licitación do orbital, aprobada onte polo Consello de Ministros
Bugallo destaca as xestións realizadas pola candidatura para a licitación do orbital, aprobada onte polo Consello de Ministros

En rolda de prensa, o candidato á alcaldía, explicou que mantivo encontros, por separado, co que fora Secretario de Estado de Infraestruturas, co inspector da AP-9 e co xefe da demarcación de Estradas, asegurando que “nunca vin ao alcalde nesas reunións”

O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo destacou, en rolda de prensa, o compromiso do Goberno Central con Compostela, en relación á licitación do orbital. Neste senso, incidiu nas xestións realizadas pola candidatura, citando os encontros mantidos co ex- Secretario de Estado de Infraestruturas, co inspector da AP-9 e co xefe da Demarcación de Estradas, e aclarando que "por certo, nunca vin ao alcalde nestas reunións".

Ademais da licitación do orbital, Bugallo lembrou que “tamén vai ao Consello de Ministros, a autorización para a conexión coa AP-9, e a ampliación da zona libre de peaxe ata a Sionlla”. E outro dos temas, a aprobación do Xulgado número 3 do Social de Santiago que dixo, “algúns poñían en dúbida”, a pesar sinalou, “que eu xa anunciei no seu día que só estaba pendente dun informe de Facenda”. Neste senso, Bugallo agradeceu “o apoio permanente por parte do delgado do Goberno en Galicia, Javier Losada, “que en todo momento estivo en contacto comigo, xestionándoo”.

No caso do orbital, os agradecementos foron para “quen foi secretario xeral de Infraestruturas ata hai uns días, Javier Izquierdo, “a persoa que en Madrid dinamizou, autorizou, apoiou, e ao final promoveu para que fose ao Consello de Ministros a licitación”; e tamén a Eduardo Toba, inspector da AP-9, que “se encargou de redactar e xestionar esa autorización”. Isto expresa perfectamente, engadiu, “o compromiso con Santiago, tanto do Goberno de España, como da miña candidatura, porque desde o minuto un estivemos traballando neste cuestión”. co Xefe de Demarcación de Estradas. E engade: “reuninme persoalmente co que fora Secretario de Estado de Infraestruturas, co Xefe de Demarcacións de Estradas de Galicia, e co inspector da AP-9; aparte de múltiples comunicacións, vía telefónica e informática. Por certo, nunca coincidín co alcalde en ningunha destas reunións, e en ningunha destas entrevistas, nin tiven coñecemento das xestións que estaba facendo”.

Bugallo sinalou que “seguiremos insistindo, e dou por feito que se vai resolver en prazo, para que, cando rematemos o orbital, ou sexa, a conexión dos polígonos industriais coa AP-9 e a Autovía de Lugo, poidamos rematar tamén o “orbitaliño”, é dicir, a conexión coa N-550.

O candidato explicou que “dende o 21 de marzo, ese expediente estaba listo pero non fixen declaracións por entender que debía ser o goberno o que dese esa información.

PELETEIRO

Sobre a operación Peleteiro, sinalou que “para a miña candidatura é unha prioridade”, porque, explicou “é o único espazo de oportunidade que queda no Ensanche”, e lembra que segundo o PXOM, hai unha reserva de 900 metros cadrados construídos para un centro social de titularidade municipal; e 1.395 metros cadrados de espazo público que xa son de propiedade municipal dende 2005. Engade Bugallo que para “a miña candidatura é fundamental aproveitar a oportunidade que ofrece o Peleteiro para mellorar o Ensanche, para facelo máis atractivo” en beneficio da cidadanía.

O compromiso de Bugallo é, “que no prazo de 90 días, se tomará unha decisión sobre o Ensanche, consensuada, con dúas medidas. A primeira, a creación inmediata dunha Comisión Mixta de seguimento da operación, na que estean representadas asociacións, sector comercial e Concello, “buscando sempre o maior consenso posible entre comerciantes, veciños e partidos políticos”. A segunda medida: encargaranse estudos das diferentes alternativas para “avaliar a máis conveniente con todos os datos sobre a mesa”. Un compromiso, que aclarou o candidato, xa lle expresaron a entidades e asociacións.

Sánchez Bugallo explicou que “non deixa de sorprenderme que Compostela Aberta considera a proposta da SAREB a mellor para os veciños do Ensanche. Eu teño claro que é a mellor proposta para a SAREB, porque é a que lle permite facer caixa inmediatamente”. E explica “para eles, facer máis de cen pisos de luxo no centro da cidade a prezos de catrocentos mil euros ou superiores, é unha operación que desde o punto de vista da súa rendibilidade está clara”. O candidato pregunta se iso é o mellor para o Ensanche, e se resolve os seus problemas. “Nós queremos, engade, que iso se estude”, aclarando posteriormente que ese é un estudo obrigatorio de acordo coa lei e que non o atopan no expediente.

Sobre o Centro de Día para o Ensanche, asume o compromiso de que se instale definitivamente na parcela de Peleteiro. Pero, sinala “é necesaria unha solución provisional, porque, di, o que se considera no Peleteiro é unha solución que podería estar operativa, se todo vai ben, nun prazo de 4 ou 5 anos; e coa axilidade administrativa de Compostela Aberta, nun prazo de 10 ou 12”.

Nas preguntas posteriores á rolda de prensa, Sánchez Bugallo referiuse aos ataques vertidos no último pleno contra el por parte do alcalde e do concelleiro de espazos cidadáns. Cualificounos de “falta de respecto e de consideración a un portavoz da oposición que fixo unha intervención coa que se pode estar de acordo ou non”. E engade “non me parece que Jorge Duarte sexa un exemplo de eficiencia, todo o contrario”, e o “Sr. Noriega paréceme un exemplo manifesto de incapacidade. Non vexo desde que autoridade se permite descualificar a ningún portavoz”.

Comentarios
Lo más