jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Caballero e Pilar Cancela abriron a campaña electoral nun acto en Santiago

Caballero e Pilar Cancela abriron a campaña electoral nun acto en Santiago
Caballero e Pilar Cancela abriron a campaña electoral nun acto en Santiago

Con eles, o candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, os membros da súa lista, e medio cento de persoas, entre militantes e simpatizantes que se concentraron diante da sede da agrupación local socialista para participar no acto de pegada de carteis

Fai que pase. Con este lema, e o rostro de Pedro Sánchez, comezaba a campaña socialista para as eleccións xerais do 28 de abril. Eran as doce en punto da noite, cando o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; e a deputada Pilar Cancela, que repite como número un da lista do PSOE por A Coruña, retiraban o lazo que envolvía o cartel electoral e pedían o voto para o Partido Socialista. Con eles, o candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, os membros da súa lista, e medio cento de persoas, entre militantes e simpatizantes que se concentraron diante da sede da agrupación local socialista para participar no acto de pegada de carteis.

No seu discurso, Gonzalo Caballero sinalaba que “estamos preparados e preparadas para unha campaña electoral de ilusión, para recorrer concello a concello, pobo a pobo, toda Galicia”. Son, segundo o líder dos socialistas galegos, unhas eleccións xerais moi importantes. “E imos”, continuaba, “apoiar a un gran presidente, a un gran goberno”. E engadiu, “os galegos imos dar o mellor de nós mesmos, para abrir un tempo dunha maioría sólida de apoio a un goberno que fixo o mellor que se podía facer para a maioría: pórlle ao país unha axenda de prioridade social, unha axenda de impulso que nos leva hoxe a abrir, con toda a forza e con toda a ilusión esta campaña electoral en Galicia para darlle a Pedro Sánchez e ao Partido Socialista, unha maioría sólida, ampla e rotunda fronte a unha dereita e a unha ultradereita que son unha ameaza para todos e para todas.

Minutos antes, interviña, ante a militancia e os asistentes, Pilar Cancela. Sinalou que “imos volver ter un goberno socialista”. “Estou convencida”, aclaraba, de que as xerais van facer un efecto de tracción” de cara as municipais. Engadiu que “estamos cunha ilusión, que hai moito tempo non tiñamos. Estamos nunha posición de fortaleza política”. O motivo, explicou, porque o PSOE tomou “unha decisión valente e responsable”, que foi “a presentación dunha moción de censura ante un goberno que estaba absolutamente cuestionado e dinamitado pola corrupción sistémica do Partido Popular”. Grazas a esa decisión, subliña, “tivemos un goberno que lle dixo a este país que hai outra forma e hai outro xeito de facer política. E que aquelas persoas que padeceron os retallos da crise económica, resulta que agora teñen todo o dereito a que todo ese crecemento económico revirta neles. Nas persoas, que é para quen traballamos sempre, no Partido Socialista”. Pilar Cancela rematou a súa intervención pedindo a mobilización da militancia para que non avancen, sinalou, os partidos da dereita e da ultradereita.

A Pilar Cancela presentouna Mila Castro, número catro da candidatura de Sánchez Bugallo e concelleira do grupo socialista no concello compostelán. No seu discurso, animou aos presentes a acudir ás urnas: “temos que ter presente que non votar, neste momento, sería votar á dereita e á extrema dereita. E votar significa futuro, significa progreso, e significa esperanza”. 

Comentarios
Lo más