Investigan a unha muller por insultar, cuspir a agarrar polo pescozo a súa doutora
A Garda Civil investiga os feitos denunciados.
Unha muller que acompañaba a unha paciente ao médico en Sada insultou, cuspiu e finalmente agarrou do pescozo á doutora que reprobou a súa actitude na consulta, polo que está a ser investigada pola Garda Civil.
O Instituto Armado informu de que ditos feitos, que poderían constituír un delito de atentado contra un funcionario sanitario.
A denunciada, que acompañaba a unha paciente, interrompeu a consulta coas súas gargalladas mentres visionaba contidos no seu teléfono móbil á vez que profería risas en voz alta, segundo consta nas dilixencias da denuncia presentada.
Ante a chamada de atención da facultativa, reprobando a súa actitude, a muller contestou con insultos, cuspiuna e agrediuna agarrándoa do pescozo; despois, abandonou a consulta continuando cos berros mentres enfilaba os corredores do centro médico.