miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Peleteiro entrega os seus Premios Literarios Minerva

Peleteiro entrega os seus Premios Literarios Minerva
Peleteiro entrega os seus Premios Literarios Minerva

Os galardoados, nas modalidades de poesía e narración da edición número 47, leron anacos da súa obra ante os asistentes

O Colexio M. Peleteiro acolleu esta tarde a edición número 47 dos Premios Literarios Minerva, no salón de actos e ante unha morea de asistentes entre os que se atopaban representantes do goberno municipal de Santiago, membros directivos do centro educativo e da organización do certame xunto aos galardoados, familiares e alumnos.

O acto estivo presentado por unha estudante de 2o de Bacharelato, quen deu a benvida e dirixiu a entrega de premios. O mantedor Luís Alonso Girgado, investigador do centro Ramón Piñeiro e crítico literario, dedicou unhas palabras ó público. Na súa intervención fixo un percorrido polos lazos literarios de Galicia con países como Cuba, Arxentina, Uruguai e Venezuela da man dos seus autores máis significativos. Lino Novás Calvo, Miguel Barnet, Ramón Meza, César Aira, Claudia Piñeiro, Idea Vilariño ou Alfonsina Storni foron algúns dos nomes propios mencionados, destacando o seu traballo pola literatura.

No certame escolar, dos máis lonxevos de Galicia dentro da literatura xuvenil, participaron alumnos de 3o e 4o de ESO e Bacharelato de colexios ou institutos de Galicia. Nesta edición presentáronse 132 traballos. En narrativa 76, dos cales 22 resultaron finalistas e na modalidade de poesía un total de 56, dos que foron seleccionados 20.

Os rapaces foron subindo ao estrado para recoller o premio económico, o diploma e a medalla de prata. Ademais tiveron a oportunidade de amosar anacos da súa obra, cada un deles leu un pequeno fragmento elixido previamente, logo do que recibiron o recoñecemento do público.

Comentarios
Lo más