miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa resultou intoxicada tras inhalar fume dun incendio orixinado nunha frixideira

Unha persoa resultou intoxicada tras inhalar fume dun incendio orixinado nunha frixideira
Foto de archivo
Unha persoa resultou intoxicada tras inhalar fume dun incendio orixinado nunha frixideira

Sucedeu no lugar da Seca, en Poio, sobre as 13:30 horas

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a unha persoa que resultou intoxicada debido ao fume provocado por un incendio na frixideira dunha cafetería.

Todo comezou pasados uns minutos das 13:30 horas desta tarde no lugar da Seca, no concello pontevedrés de Poio. Foi a chamada de varias persoas particulares que se atopaban no lugar quen, ao detectar o incendio, contactaron co 112 Galicia para pedir axuda. Decontado, informouse aos Bombeiros do Salnés e aos servizos sanitarios de urxencia. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos membros do GES de Sanxenxo, dos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os membros do GES ventilaron a zona e confirmaron ao 112 Galica a extinción do lume por parte de Protección Civil. Ademais, do trasladao dunha persoa que se atopaba no interior ao Hospital Montecelo de Pontevedra por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

Comentarios
Lo más