jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A procesión da Virxe das Dores, que sairá ás 21 horas, abre esta noite a Semana Santa de Santiago

A procesión da Virxe das Dores, que sairá ás 21 horas, abre esta noite a Semana Santa de Santiago
A procesión da Virxe das Dores, que sairá ás 21 horas, abre esta noite a Semana Santa de Santiago

Ás 21:00 horas, comezará a procesión, na que a Virxe das Dores percorrerá o casco histórico acompañada pola escolta de gala da Policía Autonómica e da Banda Municipal de Santiago

A Venerable e Ilustre Confraría do Noso Pai Xesús Nazareno e a Santísima Virxe das Dores, marca o inicio da Semana Santa ao ser a primeira procesión que abrirá o calendario compostelán.

Fundada no ano 1730 polos P.P. Pedro Chalatayud e D. Francisco Carbajosa, da Compañía de Xesús, e por aristócratas cabaleiros na capela de San Caetano; os seus fins foton nun inicio, entre outros, os de consolar, asistir, acompañar e funerar aos sentenzados á última pena. A tal fin, a dita Confraría ou asociación foille concedida en propiedade unha parcela no cemiterio de Pastoriza.

No ano 1738 incorporouse a esta Confraría a Archiconfraría de San Juan Degollado da Nación Florentina de Roma, en cuxa Bula de privilexio outorgado polos Romanos Pontífices consérvanse nos arquivos desta Confraría. Sendo no ano 1742 cando trasladou a súa sede á Igrexa de San Miguel desta cidade.

Posteiormente, noutra escritura do ano 1768 adquiriuse a Capela que da frente ao altar da Virxe, en cuxa capela venérase a imaxe do Noso Pai Xesús Nazareno coa Cruz, obra de Ferreiro.

Entre as súas funcións relixiosas atópase o Triduo a Noso Pai Xesús Nazareno en Coresma e a solemne novena á Santísima Virxa das Dores que comezaba o pasado 4 de abril, e que remata o venres anterior ao Venres Santo.

Hoxe, día no que a igrexa celebra a súa festividade, dende a Confraría levaranse a cabo misas en horario de mañá ás 10, 11 e 12 horas.

Xa pola tarde, a derradeira novena terá lugar ás 19.30 horas. Ao seu remate, ás 21:00 horas, comezará a procesión, na que a Virxe das Dores percorrerá o casco histórico acompañada pola escolta de gala da Policía Autonómica e da Banda Municipal de Santiago; desfile que varía o seu percorrido respecto á programación por mor das obras no interior da Catedral, a cal atravesa e na que leva a cabo a súa estación de penitencia.

O percorrido modificado será o seguinte:

Praza de San Miguel - Algalia de Arriba - Praza de Cervantes - Preguntoiro - Conga - Praza das Praterías  -Rua do Vilar - Praza do Toural -  Rua Nova - Conga - Preguntoiro - Praza de Cervantes - Algalia de Arriba - Praza de San Miguel.

Comentarios
Lo más