Un home detido en Cospeito por roubar roupa interior dos tendais e espiar a mulleres mentres se duchan
Tiña ás mulleres da parroquia de Arcillá aterrorizadas
As mulleres da parroquia de Arcillá, no Concello de Cospeito, están aterrorizadas dende que un home duns 40 anos, veciño da parroquia vilalbesa de Ladra, dedícase a golpearlles a fiestras, a espialas cando se duchas e a roubarlles a roupa interrior que teñen secando nos tendais.
"O 23 de marzo, sobre as nove da noite, estaba soa na casa e había lúa chea. Estaba na cama porque non me atopaba ben e sentín que alguén golpeaba nas fiestras. Erguinme e púxenme a mirar polo estor pero sen acender a luz, separeino un pouco na ventá do cuarto da miña filla e atopeino de fronte. Ao verme agochouse e escapou correndo". Este relato pertence a unha veciña, que vive coas súas tres fillas. Tamén di que ao home coñéceo de vista, e que el acudo ás casas onde viven mulleres xoves para espialas mentres se duchan. Ademáis rouba bragas e suxeitadores dos tendais onde están a secar. "Outro día, unha veciña estábase duchando e viuno mirando a través da ventá. Ela berrou e el escapou correndo para a granxa onde traballa, e púxose a muxir as vacas coma se nada pasase".
Fai cousa dunha semana, este home volveu ás andadas ao redor da súa casa: "Eran as dez da noite e estaba a miña filla duchándose. Deixou o coche estacionado a uns 800 metros da nosa casa, andou arredor desta e apoiouse na ventá do baño. Estaba meu irmán aquí e saímos correndo detrás del, bloqueámoslle o coche e chamamos a Garda Civil. El escapou correndo e cando chegaron os gardas xa viron que o coche era del. Atopámolo na granxa muxindo coma que con el non era a cousa".
Finalmente este home foi detido por coaccións. Segundo afirman os veciños do lugar, tiña na casa roupa interior coma para poñer un posto no mercadillo.