jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Máis de 41.000 controis de velocidade feitos pola Policía Local na semana pasada

Máis de 41.000 controis de velocidade feitos pola Policía Local na semana pasada
Máis de 41.000 controis de velocidade feitos pola Policía Local na semana pasada

Do total de controis, 2.867 vehículos foron controlados a través do radar móbil, detectando 38 vehículos que superaban os límites de velocidade, o que supón o 1,38% dos inspeccionados

A Policía Local de Santiago sumouse durante a pasada semana a outra campaña especial sobre vixilancia e control de velocidade da DXT. Do 1 ao 7 de abril controláronse 41.610 vehículos, dos que 162 foron denunciados para sanción por superar os límites establecidos.

Do total de controis, 2.867 vehículos foron controlados a través do radar móbil, detectando 38 vehículos que superaban os límites de velocidade, o que supón o 1,38% dos inspeccionados. O resto de controis, 38.743, realizáronse a través do radar do túnel do Hórreo, que detectou 124 infraccións, o 0,32% do total.

FACTOR CLAVE EN ACCIDENTES

A velocidade ten unha influencia directa na causalidade e na severidade dos accidentes de tráfico. Con velocidades de condución máis altas, o número de sinistros e a súa gravidade aumentan desproporcionadamente. Así, levar unha velocidade adecuada podería evitar practicamente unha cuarta parte dos mortos en accidente de tráfico.

A incidencia da velocidade é especialmente alta no caso dos atropelos, xa que a partir de 80 km/h é practicamente imposible que un peón se salve nun atropelo. A unha velocidade de 30 quilómetros por hora, o risco de morte do peatón redúcese ao 10%.

A velocidade tamén inflúe na distancia de detención, que será a suma da distancia de reacción e a distancia de freado. Estará en función da velocidade, do tempo de reacción do condutor, das condicións técnicas do vehículo e do estado do firme da calzada. Por termo medio, a 120 quilómetros por hora necesitamos para deternos unha distancia superior a un campo de fútbol.

O exceso de velocidade, apunta a Dirección Xeral de Tráfico, tamén ten unha influencia negativa sobre o medio ambiente, a calidade de vida e o consumo de combustible. 

Comentarios
Lo más