O IES do Milladoiro reúne a profesionais para falar da mocidade sobre o futuro laboral
Ao remate, todo o alumnado confluirá nunha reunión xeral. No achegamento están representadas un gran número de profesións
A ANPA do IES do Milladoiro organiza, coa colaboración do propio centro e o Concello de Ames, a segunda edición do encontro entre profesionais e alumnado “Construíndo o meu camiño”.
O obxectivo desta iniciativa é que os mozos e mozas de bacharelato entren en contacto con profesionais das materias do seu interese para descubrir que camiño laboral queren seguir no futuro.
Un total de vinte e oito profesionais de distintas ramas do coñecemento daranse cita este venres, 12 de abril, entre as 11.40 e as 14.30 horas no IES do Milladoiro, para falar da súa experiencia laboral.
O obxectivo deste encontro é que o alumnado que se atopa no instituto poida acceder en persoa á información directa sobre as distintas saídas profesionais ás que poderán optar tralo seu paso polo centro, así como dos posibles futuros profesionais que lles agardan, tanto no ámbito público como no privado.
Cada alumno/a poderá acceder a dúas charlas, que el/ela mesmo escolla seguindo as súas preferencias, que os expertos convidados ofrecerán en distintas dependencias do instituto.
Ao remate, todo o alumnado confluirá nunha reunión xeral. No achegamento están representadas un gran número de profesións.