Comeza o final das borrascas neste mércores
08:00 10/04/19
08:00 10/04/19
En Compostela a temperatura mínima acadarán os 6ºC e a máxima ata os 14ºC
O mércores Galicia queda nunha zona de transición entre a borrasca que se retira cara ao leste e o anticiclón situado en Madeira.
Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvias intermitentes que irán remitindo co avance do día.
A cota de neve situarase nos 1200 metros.
As temperaturas quedarán sen cambios significativos ou ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadarán os 6ºC e a máxima ata os 14ºC.
O vento soprará frouxo do noroeste.