miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas durante a Semana Santa

O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas durante a Semana Santa
O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas durante a Semana Santa

O horario é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Permanecerá aberto todos os días, agás o luns

O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas ao público durante a Semana Santa. Poderá visitarse dende este xoves, día 11, ata o sábado 20 de abril. O horario é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Permanecerá aberto todos os días, agás o luns.

Tal como lembra Benigno Amor, director do museo e presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo, “as visitas son guiadas e teñen unha duración de entre vinte e vintecinco minutos, en grupos de quince persoas máximo”. Anima a todos os composteláns e aos visitantes a que se acheguen nestas datas a coñecer e percorrer a vella pensión de estudantes.

REAPERTURA NO VERÁN

O museo pechará despois da Semana Santa e logo abrirá o primeiro xoves de maio. E o día 10 regresarán os Roteiros Troyanos, rutas guiadas pola cidade os venres de maio e xuño. O museo estará aberto todos os xoves, venres e sábados de maio; os venres e sábados de xuño e xullo; e a partir de mediados de xullo abrirá de xeito continuado ata o 7 de setembro (pechando domingos e luns). Búscase así que os colexios da cidade e doutros puntos de Galicia realicen visitan guiadas á Casa de la Troya. 

Segundo indica Benigno Amor, “nos últimos anos foise incrementando a cifra de visitantes ao Museo Casa de la Troya, que en 2018 alcanzou as 2.879 persoas. O ano pasado abrimos un total de 93 días, o que inclúe a Semana Santa e os meses de verán. E este ano agardamos chegar aos 3.000 visitantes”.

O museo Casa de la Troya recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago a finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya. Nela aloxábase o personaxe principal, Gerardo Roquer, e os seus compañeiros de estudos. Funcionou como hospedería de estudantes dende 1886 ata 1906 e abriu as súas portas como museo en 1993, xestionado pola Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos. 

Comentarios
Lo más