jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A Confraría dos Estudantes incorpora á Virxe da Milagrosa na súa procesión do Mércores Santo

A Confraría dos Estudantes incorpora á Virxe da Milagrosa na súa procesión do Mércores Santo
A Confraría dos Estudantes incorpora á Virxe da Milagrosa na súa procesión do Mércores Santo

A Virxe, que actualmente se atopa na Capela de oración do colexio das Orfas, será incorporada ao desfile procesional

A Irmandade dos Estudantes do Santísimo Cristo da Misericordia, Noso Pai Xesús da Esperanza e Nosa Señora dos Remedios, con sede no colexio das Orfas; anuncia a unha semana da súa procesión que, gracias á colaboración das Irmáns da Caridade, este ano sairán ás rúas compostelás portando a Virxe da Milagrosa.

A Virxe, que actualmente se atopa na Capela de oración do propio colexio, será incorporada ao desfile procesional, e serán os nenos e nenas que forman parte da Irmandade os encargados de levala polo casco histórico de Santiago.

Esta decisión, tomada pola Xunta de Goberno, responde a que no propio nome da Confraría, e dende a súa fundación no ano 1997, inclúese o da Nosa Señora dos Remedios, un feito que responde ao lugar onde se atopa a sede dos Estudantes, no colexio das Orfas. Despois de 22 anos, e na honra da súa patroa, ao Cristo da Misericordia, talla da propia Irmandade, e ao Cristo Crucifixado, propiedade de Don José Porto, párroco la Colexiata de Sar e que cede para a procesión, súmase a Virxe da Milagrosa.

Con este feito, os Estudantes, logo dun fondo estudo, tamén foron quen de descubrir que é a única Virxe MIlagrosa que sae na Semana Santa de Galicia. Un feito que quixeron explicar mediante un conto chamado “O Milagre de Orfas”, que xa publicaron no día de hoxe nas súas redes sociais, e que tamén comezarán a repartir entre Confrades e os nenos e nenas do propio colexio, que cada ano seguen atentamente e con nervios os preparativos da procesión do centro escolar.

Comentarios
Lo más