Ciencias Económicas e Empresariais continua co ciclo "Pensando no teu futuro?"
06:30 10/04/19
06:30 10/04/19
O ciclo ‘Pensando no teu futuro?’ deu comezo este luns cun obradoiro formativo e continua este mércores 10, ás 12:00 horas na Aula 7
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais desenvolve durante este mes de abril un conxunto de actividades dirixidas ao alumnado que está rematando os seus estudos.
O ciclo ‘Pensando no teu futuro?’ deu comezo este luns cun obradoiro formativo e continua este mércores 10, ás 12:00 horas na Aula 7, coa presentación do programa ‘Muévete’ de ABANCA, as posibilidades de formar parte do equipo de capital humano desa entidade bancaria e unha sesión práctica sobre mercados financeiros a cargo de Enrique Castro, director de Investimentos.