miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Marea Cidadá insta ao Goberno Municipal a realizar melloras na Biblioteca

A Marea Cidadá insta ao Goberno Municipal a realizar melloras na Biblioteca
A Marea Cidadá insta ao Goberno Municipal a realizar melloras na Biblioteca

Estas últimas semanas o persoal da biblioteca viuse na obriga, xunto cos usuarios, de colocar botellas para reter as goteiras que chegaban as mesas

A Marea Cidadá de Noia insta ao Goberno Municipal dirixido polo popular Santiago Freire a reparar e mellorar as instalacións da Biblioteca Municipal de Noia.

"A Vila de Noia é un referente educativo para moitos dos concellos próximos, recibindo estudantes tanto de Outes como de Lousame debido a súa ampla oferta en Bacharelato. Porén, parece que o Concello está a prestar pouca ou ningunha importancia a este feito, xa que o precario estado da Biblioteca Municipal parece non interesarlles en absoluto", aseguran dende a formación cidadá.

Se ben as queixas veñen de lonxe, principalmente enunciadas polos estudantes que a empregan, o certo é que a situación chegou ao límite con estas últimas choivas. Estas últimas semanas o persoal da biblioteca viuse na obriga, xunto cos usuarios, de colocar botellas para reter as goteiras que chegaban as mesas.

A Marea entende que é fundamental dotar dunhas boas instalacións ós mozos e mozas da nosa Vila e da nosa contorna, e non entendemos que un goberno disposto a desembolsar 48.000 euros nun concerto como o de Marta Sánchez non esté en disposición de habilitar un espazo adicado ao estudo cunhas condición mínimas.

Comentarios
Lo más