O Peleteiro Frutas Barreiro imponse ao Compañía de María
O partido foi o sábado ás 20:00 horas
Encontro e resultado: Compañía de María 67 - Peleteiro Frutas Barreiro 75.
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 20º Liga Regular.
Lugar e hora: Compañía, sábado ás 20:00.
Parciais: 15-16//27-16//12-21//13-22.
5 Inicial: Mauro, Pedro, Raviña, Antón Lodeiro e Carlos.
Xogaron e anotaron: Antón (9) Pedro (6), Carlos Nogueira (6), Mauro (7), Pablo Míguez jr (2), Sergio F. (5), Raviña (9), David Pazo (17), Ramón (9), Soriano (lesionado),Vicario (lesionado), Antón Moure jr.(non xogou), Manu Fernández jr.(non xogou).
Chegabamos ao derradeiro derbi da tempada con gañas de resarcirnos da derrota da primeira volta e saímos bastante enchufados ao partido. Algún despiste defensivo e malas decisións en ataque impedían que collésemos máis vantaxa.
No segundo cuarto os locais impoñían o seu ritmo e sacaban sempre moita vantaxa nos 1c1. Mentres nós en ataque cada un quería resolver pola súa conta. De aí chegaba o parcial en contra para un 42-32 ao descanso.
A saída do vestiario foi moi boa. Os cambios defensivos atascaban a anotación dos de Cía e en ataque comezaban a entrar as triplas, sobre todo da man de David Pazo que reaparecía tras tres semanas no dique seco. Reducíamos a diferencia a 1 punto e as sensacións era moi boas.
No derradeiro cuarto, a defensa seguía a ser boa e tamén a circulación balón. Cunha canastra de Carlos dabamoslle a volta ao marcador e manteriamosnos así ate o final do encontro. A falta de 4 minutos collíamos unha vantaxe de 10 puntos pero os locais aínda deron un arreón final para baixar a diferencia a 5 puntos. No minuto final os dous equipos intentamos salvar o average (aínda que para nós está moi difícil meternos na fase) que finalmente conseguimos gañar nós cun gran acerto desde a liña de tiros libres. Unha vitoria que reforza moito ao equipo, nunha tempada con moitos contratempos, e que lonxe de baixar os brazos estase dando un paso adiante e competindo en todos os partidos.
A vindeira semana xogamos o penúltimo partido de liga regular, o sábado ás 20:00 en Ourense contra o CB. San Cibrao, e teremos que gañar se aínda queremos manter algunha opción de meternos na fase. Esperemos ter unha boa semana de entrenos e sen percances.