Xornada de chuvias na cidade
08:00 09/04/19
08:00 09/04/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima ata os 11ºC
O martes unha borrasca situarase ao norte de Galicia deixando unha xornada de inestabilidade.
Con isto, os ceos estarán anubrados con chuvascos probables en calquera punto da Comunidade, localmente treboentos e acompañados de sarabia.
A cota de neve situarase en 1000-1200 metros.
As temperaturas quedarán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima ata os 11ºC.
Os ventos soprarán de compoñente oeste, fortes no litoral e en zonas altas.