O cadáver atopado en Ferrol podería ser da muller de 60 anos desaparecida dende o pasado 11 de marzo
A falta dos resultados das probas forenses do corpo, en avanzado estado de descomposición, os indicios da investigación apuntan á posibilidade de que sexa o dunha muller de 60 anos do barrio de Caranza
O cadáver localizado o domingo nunha zona rochosa de Doniños, no concello de Ferrol, podería ser o dunha muller desaparecida o pasado 10 de marzo , indicaron hoxe fontes da investigación en espera da análise forense que determine as circunstancias do seu falecemento.
A falta dos resultados das probas forenses do corpo, en avanzado estado de descomposición, os indicios da investigación apuntan á posibilidade de que sexa o dunha muller de 60 anos do barrio de Caranza que aínda non se localizou.
O cadáver foi achado cara ás 12:30 horas do domingo, por un bombeiro fose de servizo na zona de Punta Penencia, mesmo lugar no que o pasado 11 de marzo comezou o rastrexo en busca de pistas da muller desaparecida.