Os estudantes da Facultade de Ciencias da Educación queren amosar o abandono do Campus Vida
Esta facultade que ocupa uns dous lugares onde as precariedades son máis notables, debido a que é unha zona pouco accesible e con diferentes casos rexistrados de exhibicionismo, vandalismo e intentos de roubo
A universidade compostelá non se atopa non seu mellor momento económico. Xa son anos de recortes e aplazamentos das propostas recollidas na súa axenda, a débeda que rexistra a Universidade limita as accións de mellora nas instalacións e non campus, que mostra serios déficits de seguridade e adaptabilidade, deixando unha gran parte deste sen alumeado.
Dentro do propio campus atópanse residencias e colexios maiores, onde a inseguridade apoderase tanto das estudantes como do persoal administrativo e docente, isto limita a vida diaria das afectadas, renunciando a realizar certas actividades polo medo que manifestan ter cando teñen que regresar de noite, “o alumeado é insuficiente e o camiño non é seguro, existen varios casos de exhibicionismo e acoso a compañeiras da residencia, hai tramos nos que temos que utilizar a lanterna do móbil, existen puntos cegos e tanto a universidade como ou concello o saben” relata unha estudante que reside na residencia de Monte da Condesa.
A comunicación entre a Universidade e o Concello non é a mellor, existen diferentes situacións nas que, a pesar do acordo ao que se chegou ou pasado outubro, as institucións competentes non asumen as súas responsabilidades e delegan a unha na outra, sen que se chegue a consenso e se resolva o problema. Isto repercute directamente na calidade de vida do estudantado e da comunidade universitaria, provocando situacións que non chegan a entenderse “cando saímos de clase atópamos o campus totalmente ás escuras, as farois están postas, pero non teñen lámpadas, cando trasladamos a queixa a vicerreitora de comunicación, cultura e servizos, díxonos que a competencia era do concello, xa que as farois son patrimonio histórico deste” relata unha alumna da facultade de Ciencias da Educación.
Esta facultade que ocupa uns dous lugares onde as precariedades son máis notables, debido a que é unha zona pouco accesible e con diferentes casos rexistrados de exhibicionismo, vandalismo e intentos de roubo, “esta parte do campus atópase esquecida, as alumnas de educación non somos as únicas afectadas, polo que pedimos a mobilización do estudantado ante situacións tan ilóxicas e fáciles de resolver”.