miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nova sesión do II Ciclo Cinema e Educación do Ateneo de Santiago

Nova sesión do II Ciclo Cinema e Educación do Ateneo de Santiago
Nova sesión do II Ciclo Cinema e Educación do Ateneo de Santiago

Como é habitual nos ciclos cinematográficos do Ateneo, ao rematar a proxección terá lugar un coloquio conducido polo Profesor de Historia do Cinema da USC Xosé Nogueira

Hoxe martes o Ateneo de Santiago, coa colaboración de Afundación, levará a cabo unha nova sesión do II Ciclo Cinema e Educación, inaugurado a pasada semana coa película Cero en conducta.

Nesta ocasión, como continuación cronolóxica da análise dos sistemas educativos, o Ateneo decidiu elixir un filme alemán dos anos 60 como é Der junge Törless (El joven Törless) (1966), dirixido por Volker Schlöndorff, que se proxectará ás 19:00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala. Como é habitual nos ciclos cinematográficos do Ateneo, ao rematar a proxección terá lugar un coloquio conducido polo Profesor de Historia do Cinema da USC Xosé Nogueira, quen tamén presentará o filme ao inicio.

El joven Törless, non recomendada para menores de 16 anos e que será emitida en versión orixinal subtitulada en español, trata a situación de dous estudantes no contexto de preguerra do Imperio Austro-Húngaro: un ao que torturan os compañeiros ao descubrilo roubando e Thomas Törless, que considera máis adecuado denuncialo ás autoridades para que o castiguen.

Este ciclo de cinema mostra, a través de cinco películas moi representativas, entre as que se atopan catro clásicos e unha estrea recente, como o cine se ten enfrontado a diferentes aspectos da realidade educativa en Europa, dende os anos trinta do século pasado ata os primeiros deste século XXI.

Comentarios
Lo más