miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Gran expectación un ano máis na tradicional poxa das uñas de San Lázaro

Gran expectación un ano máis na tradicional poxa das uñas de San Lázaro
Gran expectación un ano máis na tradicional poxa das uñas de San Lázaro

O alcalde volveu ser activo na poxa, e conseguiu levar un lote de uñas

O alcalde, Martiño Noriega, participou un ano máis na tradicional poxa das uñas de San Lázaro, un dos actos centrais da Festa Gastronómica na que o Concello volve colaborar a través de Turismo de Santiago. O rexedor estivo acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

O alcalde volveu ser activo na poxa, e conseguiu levar un lote de uñas. Un ano máis, a poxa estivo moi concorrida, coa asistencia de representantes dos diferentes grupos políticos municipais, de responsables de establecementos de hostalería e de veciños e veciñas.

Como en anos anteriores, o Concello, a través de Turismo de Santiago, colaborou na organización da Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, xunto coa Asociación Hostalería Compostela. Este ano sumáronse á celebración 21 establecementos de hostalería, sete deles localizados fóra do barrio de San Lázaro. 

Comentarios
Lo más