miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Goretti comprométese realizar xestións para a construción de novos centros de saúde de Santiago

Goretti comprométese realizar xestións para a construción de novos centros de saúde de Santiago
Goretti comprométese realizar xestións para a construción de novos centros de saúde de Santiago

A candidata Goretti Sanmartín lembra a falta de compromiso da Xunta para a construción do centro de saúde de Conxo e para a mellora da mobilidade e dotación de prazas de aparcadoiro no CHUS

Goretti Sanmartín, candidata do BNG á Alcaldía de Santiago, sinala que o BNG se compromete no vindeiro mandato a realizar xestións para a construción e dotación dos centros de saúde pendentes en Santiago de Compostela, de cara a desconxestionar a situación de atención primaria.

O BNG apoia as demandas do persoal da sanidade que secundará a folga convocada do 9 ao 12 de abril para mellorar a atención primaria e traslada unha moción de urxencia ao Pleno para solidarizarse coas súas reivindicacións.

A candidata Goretti Sanmartín lembra a falta de compromiso da Xunta para a construción do centro de saúde de Conxo e para a mellora da mobilidade e dotación de prazas de aparcadoiro no CHUS.

Entre outras medidas do programa de Sanidade do BNG está a mellora do transporte público ao CHUS e, “na liña de facilitar o aparcamento de vehículos privados, propiciaremos o aproveitamento do aparcamento público de Santa Marta para o acceso ao Complexo Hospitalario”, explicou.

Ademais, prevé renegociar os prezos do parking privado do Hospital Clínico e esixirlle á Xunta a construción dun aparcadoiro público no CHUS para facilitar a mobilidade de milleiros de persoas que acoden alí a diario.

Comentarios
Lo más