Dous novos obradoiros dentro do programa "Vives Emprende"
Os próximos obradoiros xirarán arredor dos estudos de mercado e clientela así como do plan de marketing e a estratexia para fixar prezos
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, e a organización Acción contra a Fame, colaboran na posta en marcha do programa Vives Emprende, correspondente ao primeiro semestre deste ano, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou con emprego precario que desexen emprender, especialmente a mulleres.
As actividades de dito programa proseguen a próxima semana coa realización de dous novos talleres, que xirarán arredor dos estudos de mercado e clientela así como do plan de marketing e a estratexia para fixar prezos. Este nova edición do programa está formada por 7 talleres, dos que quedan por impartir cinco obradoiros no que resta de abril.
As persoas desempregadas ou con emprego precario de Ames, que desexen emprender como opción para mellorar a súa situación laboral de forma estable e duradeira, poden acceder durante o que queda de ano ao programa Vives Emprende, unha iniciativa gratuíta que lles ofrece asesoramento, formación e acceso a financiamento para facer realidade as súas ideas de negocio.
Así, ao abeiro desta iniciativa, a comezos deste mes realizáronse dous talleres, nos que se pretendeu ofrecerlle unha serie de ferramentas aos participantes que lles permita coñecer todo o necesario para emprender un negocio na rede de forma segura.
Neste senso, as sesións realizadas xiraron en torno ás novidades laborais e axudas para emprender, e a análise da idea de negocio a través do xogo Lego no que os participantes coñeceron como deseñar a súa proposta de valor.