jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os rapaces de Brión poderán participar nunha viaxe a Inglaterra

Os rapaces de Brión poderán participar nunha viaxe a Inglaterra
Os rapaces de Brión poderán participar nunha viaxe a Inglaterra

Unha iniciativa coa que se pretende que a rapazada brionesa poida desfrutar dunha interesante experiencia cultural ao tempo que practica o idioma, con dúas semanas de inmersión lingüística

O Concello de Brión súmase á iniciativa de Getbrit e ofrece á súa veciñanza participar nunha viaxe a Inglaterra para rapaces e rapazas de 10 a 17 anos, que terá lugar do 10 e 24 de xullo. Unha iniciativa coa que se pretende que a rapazada brionesa poida desfrutar dunha interesante experiencia cultural ao tempo que practica o idioma, con dúas semanas de inmersión lingüística.

A iniciativa será presentada á veciñanza hoxe luns 8 de abril, ás 20:00 horas, no centro social polivalente de Brión. Unha sesión á que están convidadas todas as familias que estean interesadas en sumarse ao proxecto e durante a que recibirán información sobre o programa e as posibilidades de financiación, sen ningún compromiso pola súa parte.

A proposta de Getbrit inclúe un curso de inglés nunha escola da Universidade de Loughborough, así como excursións de varios días a Londres, Cambridge e York. Tamén inclúe os voos de ida e volta entre A Coruña e Londres, os seguros e aloxamento en réxime de pensión completa nunha residencia, cuestións que serán detalladas durante a reunión do vindeiro luns.

Comentarios
Lo más