O IES Antonio Fraguas celebra a Semana Cultural
Son moitas as actividades que están previstas para homenaxear a este destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista
A vindeira semana, do 7 ao 12 de abril, terá lugar no IES Antonio Fraguas Fraguas de Compostela a Semana Cultural, que, nesta ocasión, e como non podería ser doutro xeito, está adicada á figura de Antonio Fraguas Fraguas, persoeiro ao que se lle consagra o Día das Letras Galegas este 2019.
Son moitas as actividades que están previstas para homenaxear a este destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista que, ademais de formar parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e cronista xeral de Galicia: conferencias, obradoiros, concursos, recitais, concertos, desfiles, mesas redondas, visitas culturais, roteiros, proxeccións, exposicións…