miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Estrela Vermelha campión da liga

O Estrela Vermelha campión da liga
O Estrela Vermelha campión da liga

O equipo compostelán volve acadar o título de Liga Galega de fútbol gaélico por cuarta vez

Foi na cidade da Coruña, ao lado mesmo da Torre de Hércules, onde os vermelhos conseguiron neste 6 de abril levantar o seu cuarto título ligueiro. Unha tempada sufrida, polo gran nivel das catorce equipas participantes na competición galega. A vitoria do Estrela sobre o combinado local, os Fillos de Breogán, supoñía a segunda vitoria consecutiva pola mínima, logo da vitoria na Estrada contra os Irmandinhos da pasada semana.

Unha Liga moi competida até o final polos xogadores do Estrela Vermelha, que volven gañar unha Liga despois de dous anos de dominio irmandinho.

E o partido foi a mostra da ansia da plantilla estreleira por gañar o desexado trofeo, pois a pesar de ir ao descanso perdendo por 9 puntos, sairon ao campo na segunda parte e fixeron un parcial de 11-0 no primeiro cuarto de hora.

O Estrela masculino remata a Liga, mais o próximo domingo é o turno da equipa feminina, que se medirá na casa ante as líderes da competición, Herdeiras de Dhais de Lalín. O partido será de infarto, posto que dese duelo sairá a equipa campioa de Liga Galega. En ambos os casos, ningún dos combinados posúe ningún título ligueiro, polo que suporá un momento histórico para o fútbol gaélico feminino galego.

Comentarios
Lo más