El Stellae FS consigue el liderato en la clasificación
El stellae consigue o liderato tras unha sufrida victoria ante o Union GR9 e o tropezo do Lugo Sala
Comezaba o partido cun Stellae dominador que continuaba coa boa dinámica dos partidos anteriores. Adiantaba Ruben o equipo local tras un tiro exterior no que o porteiro visitante puido facer algo mais. Tras o gol chegarían os mellores minutos do equipo visitante que nunha contra lograba acadar o empate, e mesmo tivo algunha ocasion para poñerse por diante antes do intermedio.
Tras o descanso, o stellae recuperou a manixa do partido e tras unha xogada de estratexia, ruben lograría o seu doblete particular tras unha espectacular volea.
Tras uns minutos de ida e volta no que calquer cousa podia pasar, tanto o gol local como o empate visitante, sería Miguel Permuy o que Lograría empatar a contenda a falta de 6 minutos. Arriesgarían os de Moncho Vazquez con porteiro xogador e faltando 3 minutos, Sotelo introduciría o balon na sua propia porteria e adiantaba de novo os padroneses.
Sacarían os visitantes o xogo de 5 pero os locais sabrían sufrir e a falta de 30 segundos, Xuxa faría o gol da calma para os amarelos, que se facian cos 3 puntos e tras o inesperado tropezo do Lugo Sala ante o Lugo Fs (5-5) aúpase o mais alto da taboa da preferente norte a falta de tan só 5 xornadas.