Aparece un corpo sen vida dunha muller en Ferrol
15:34 07/04/19
15:34 07/04/19
Tamén foron informados os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias
Un bombeiro fóra de servizo atopou o corpo sen vida dunha muller nunha zona rochosa de Doniños, en Ferrol.
Decontado, informou aos compañeiros e ao 112 Galicia para o rescate do corpo, que se atopa nunha zona de difícil acceso. Pasaba media hora deste mediodía cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia recibiu a chamada e avisouse a Salvamento Marítimo e á Policía Local e Nacional con fin de identificar á persoas falecida e tratar de aclarar as circunstancias do suceso.