Veciños da Calzada de Sar xa poden solicitar as tarxetas de paso e parada
Será os residentes dos números 42, 44, 46, 54, 56, 58, 62 e 64 da Calzada de Sar
A Concellaría de Convivencia comunica aos veciños e veciñas residentes nos inmobles situados nos números 42, 44, 46, 54, 56, 58, 62 e 64 da Calzada de Sar que, a partires de hoxe luns, 8 de abril, poderán solicitar as tarxetas de paso e parada, que habilitarán para acceder á Calzada e realizar unha parada.
É dicir, poderán proceder á detención do vehículo polo tempo imprescindible para tomar ou deixar persoas ou cargar e descargar mercadorías, de conformidade co acordo do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, de data 3 de decembro de 2018, no que se advirte que, dende o día 1 de maio, todos aqueles vehículos que se deteñan na Calzada e carezan da correspondente autorización serán sancionados.