jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Mirás critica a visita de Carmen Pomar ao concello o vindeiro luns

Mirás critica a visita de Carmen Pomar ao concello o vindeiro luns
Mirás critica a visita de Carmen Pomar ao concello o vindeiro luns

Mirás fala tamén “da recente construción dunha pasarela no CEIP Sigüeiro, para que os nenos e nenas vaian do centro ao pavillón para realizar a actividade física sen mollarse”

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a concelleira de Educación, Beatriz Rodeiro, danlle á benvida a conselleira de Educación da Xunta, Carmen Pomar, que visita o concello o luns, día 8, pero lamentan “este tipo de actos electoralistas despois de catro anos de esquecemento absoluto”.

“A consellería non fixo absolutamente nada nestes catro anos, o Concello de Oroso inviste cada curso máis de 50.000 no mantemento dos centros educativos, asumindo competencias que lle corresponden á Xunta”, asevera Mirás.

Tanto Mirás como Rodeiro lembran que “cando se construiu o CEIP Camiño Inglés, era para que fose un centro de dúas liñas por curso (2 grupos por curso), e o plan era que a Xunta ofertaría o servizo de comedor”. “Tras varios encontros coa Xefatura Terrorial de Educación, confirmase que o centro vai ser de só unha liña e o centro conta cun servizo de comedor grazas ao Concello, mediante a concesión a unha empresa que se encarga de xestionalo”.

O Concello de Oroso conta cun Centro Rural Agrupado, un dos poucos que aínda resisten en Galicia. “Para que este poida abrir cada curso, o Concello fai numerosos investimentos e deste xeito os nenos e nenas que van os centros rurais contan cunhas instalacións dignas que se melloran ano a ano; a Xunta esquecese totalmente destes centros, xa que o investimento destinado a eles é de cero euros”, afirma Rodeiro.

Mirás fala tamén “da recente construción dunha pasarela no CEIP Sigüeiro, para que os nenos e nenas vaian do centro ao pavillón para realizar a actividade física sen mollarse”. Dita obra foi solicitada en numerosas ocasións á Consellería de Educación, “pero co único argumento de que en Galicia os nenos e nenas se mollaron toda a vida, negáronse a facer dita pasarela”. O goberno local, co apoio do BNG, aprobou nos seus orzamentos levar a cabo dita obra.

“Seguimos esperando polo arranxo do tellado, asi como a substitución das fiestras da parte oeste do colexio, onde a Consellería da a calada por resposta; chegamos tamén ao acordo coa Xefatura Territorial de que levaria a cabo a mellora da instalación eléctrica do centro para adaptala as novas tecnoloxías, pero a promesa quedou en nada”, apunta o alcalde.

“Para este goberno, os centros educativos son unha prioridade, agardamos que o portavoz do PP en Oroso, Alexander Doval, e a conselleira Carmen Pomar den resposta o luns a todas estas demandas pendentes do colectivo educativo”, engaden Mirás e Rodeiro.

Comentarios
Lo más