Continúa a borrasca anclada en Santiago
08:00 07/04/19
08:00 07/04/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 4ºC e a máxima chegará aos 11ºC
O domingo Galicia vaise manter na influencia das baixas presións que enviarán unha fronte na segunda metade da xornada.
Así, pola mañá os ceos estarán parcialmente cubertos en xeral e iranse cubrindo de sur a norte, con chuvias que pola tarde estenderanse a toda a Comunidade.
As temperaturas mínimas continuarán sen cambios mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 4ºC e a máxima chegará aos 11ºC.
Os ventos soprarán do sudoeste en xeral, moderados no interior e con intervalos fortes no litoral atlántico.