jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Bascuas presenta as súa reforma fiscal nos impostos municipais

Bascuas presenta as súa reforma fiscal nos impostos municipais
Bascuas presenta as súa reforma fiscal nos impostos municipais

Entre as iniciativas propostas polo partido galeguista incluiríanse, entre outras, unha rebaixa do tipo impositivo do IBI até o 0.45 para os bens inmobles de natureza urbana e até o 0.35 para os inmobles de natureza rustica

A Agrupación compostelá de Compromiso por Galicia vén de presentar a súa proposta para rebaixar a presión fiscal que soporta a veciñanza de Santiago para a vindeira lexislatura.

Entre as iniciativas propostas polo partido galeguista incluiríanse, entre outras, unha rebaixa do tipo impositivo do IBI até o 0.45 para os bens inmobles de natureza urbana e até o 0.35 para os inmobles de natureza rustica, que actualmente se atopan fixados no 0.51% ambos os dous.

Tamén se propón reducir ao 1% o tipo do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras para impulsar a construción e as rehabilitacións no termo municipal e suprimir os coeficientes de incremento aplicados polo Concello no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, que quedarían así nos mínimos legais.

A todo isto engadiríanse medidas conectadas con políticas de fomento do emprego, como unha bonificación do 50% na cota do Imposto sobre Actividades Económicas para aquelas empresas que participen no Plan de emprego municipal, ou a gratuidade dos primeiros 30 minutos de aparcamento en zona ORA para fomentar o consumo no comercio local.

Comentarios
Lo más