miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un incendio arrasa a nave da empresa Impex Europa en Vilagarcía

Un incendio arrasa a nave da empresa Impex Europa en Vilagarcía
Un incendio arrasa a nave da empresa Impex Europa en Vilagarcía

Por seguridade, foron desaloxadas dúas viviendas situadas na parte traseira da instalación afectada, pero ninguén resultou ferido

Os servizos de emerxencias extinguiron un incendio que afectou a unha nave industrial situada no Polígono de Trabanca Badiña, en Vilagarcía.

Por seguridade, foron desaloxadas dúas viviendas situadas na parte traseira da instalación afectada, pero ninguén resultou ferido.

Ata o lugar desprazáronse varias dotacións de bombeiros, logo das chamadas de alerta dos veciños, recibidas no 112 Galicia pouco antes do mediodía. A partir de aí, activouse un operativo no que participaron os Bombeiros do Salnés e do Morrazo, así como os membros do Servizo Local de Emerxencias. Do mesmo xeito, foron informados os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, aínda que ninguén resultou afectado.

Tamén os axentes da Policía Nacional, Local e Autonómica estableceron un cordón de seguridade para garantir a protección dos veciños e facilitar os traballos de extinción. Eles mesmos procederon ao desaloxo de dúas vivendas próximas por precaución, xa que nun momento dado, poderían verse afectadas polo fume.

Así, unha vez rematada a intervención dos efectivos de emerxencias, as persoas puideron volver ás súas casas.

Por último, os efectivos e persoal técnico analizan arestora o contenido da nave, que estaba destinada ao almacén de herbicidas e raticidas.  

Comentarios
Lo más