O PSdeG de Touro organiza hoxe un obradoiro de risoterapia en colaboración con Fademur
Será ás 17.00 horas no Local Social de Santiso de Cornado
O PSdeG de Touro organiza hoxe, sábado 6 de abril, un obradoiro de risoterapia en colaboración coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur).
“En tempos difíciles ou en calquera momento da nosa vida, a risa como terapia pode ser unha fonte de saúde excelente e aportar outra perspectiva vital”, sostén Gemma López, concelleira socialista en Touro.
Co obxectivo de aportar ferramentas e habilidades que axuden ao progreso persoal, a Agrupación Socialista de Touro organiza o obradoiro, hoxe ás 17.00 horas no Local Social de Santiso de Cornado.
“Os socialistas de Touro consideramos que pode ser unha maneira distendida e lúdica para coñecernos un poco mellor e afrontar coa autoestima alta calquer reto”, engade López.