O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, pronunciará esta tarde o pregón da Semana Santa Compostelana
Terá lugar ás 20 horas en San Domingos de Bonaval.
A Confraría da Quinta Angustia, que encabeza este ano o cartel da Semana Santa de Santiago, tamén é a encargada de organizar acto do pregón, que a maiores leva consigo escoller á persoa que pronunciará o pregón que marcará o inicio da conmemoración anual cristiá da Paixón, Morte e Resurrección.
Sendo un ano especial, no que por primeira vez as 13 Confrarías da cidade contan coa declaración de interese turístico; a Angustia quixo contar coa persoa que encabeza a diócese compostelá, Don Julián Barrio.
O propio acto será clausurado pola Directora Xeral de Turismo, Nava Castro; como agradecemento pola colaboración da propia Xunta de Galicia no impulso da Semana Santa da capital de Galicia. Asemade, a nota musical estará a cargo da Banda de Cornetas e Tambores de Santiago.