Catro seminarios teórico-prácticos integrarán a 3ª edición do curso para maiores da Universidade de Santiago
O curso constará de catro seminarios teórico- prácticos dedicados á herdanza en Galicia, a economía circular, a xeografía física e o cine coma linguaxe
Por terceiro ano consecutivo Riveira vai dar cabida a unha nova edición da acción formativa Camiños de Coñecemento e Experiencia: oferta dirixida aos maiores de 50 anos que se inscribe no Programa de IV Ciclo da Universidade de Santiago que conta coa colaboración de Xunta, Deputación e concellos implicados.
Para explicar os detalles da iniciativa acudiu ao consistorio a vicerreitora de Titulacións da USC Victoria Otero Espinar, quen estivo acompañada polo alcalde Manuel Ruiz. Victoria Otero destacou a gran acollida que estiveron a ter en Riveira anteriores convocatorias dos Camiños de Coñecemento e Experiencia e expresou o seu desexo de que así sexa tamén nesta edición, que arrancará o vindeiro luns 8 de abril no Centro Cultural Lustres Rivas e finalizará o 26 do mesmo mes.
Sede do IV Ciclo
Así mesmo a vicerreitora subliñou que valoraba moi positivamente a proposta de que Riveira se puidese converter en sede do Programa Universitario IV Ciclo da USC no vindeiro curso académico, garantindo a oferta dun título propio nesta cidade. Ao respecto, o alcalde cualificou de “atraente” a idea e recordou que unha das plantas do edificio onde se ubica a UAD, logo da reforma que se vai emprender, estará destinado a actividades formativas e podería ser un espazo adecuado para tal iniciativa.
Nesta ocasión, o curso constará de catro seminarios teórico- prácticos (un máis que na edición anterior) dedicados á herdanza en Galicia, a economía circular, a xeografía física e o cine coma linguaxe.
Programación:
08/04/2019 16:30-18:00 h. A herdanza: sucesión por causa de morte segundo o Dereito galego e o estatal
Prof. Dr. Xaime Manuel Requeixo Souto. Facultade de Dereito (USC)
10/04/2019 16:30-18:00h. A Economía Circular: “O novo reto socioeconómico que xa está aquí”.
D. Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñaría Química da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC) e Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC.
Dna. María Teresa Moreira Vilar, Catedrática de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da (USC)
11/04/2019 16:30-18:00h. Práctica de A Economía Circular: “O novo reto socioeconómico que xa está aquí”.
D. Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñaría Química da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC) e Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC.
Dna. María Teresa Moreira Vilar, Catedrática de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da (USC)
16/04/2019 16:30-18:00h O Cine como Linguaxe
D. Álvaro Dosil Rosende. Grupo de Investigación 3ª Xeración e Bolseiro da Oficina de Desenvolvemento Sostible (USC)
22/04/2019 16:30-18:00h Práctica O Cine como Linguaxe
D. Álvaro Dosil Rosende. Grupo de Investigación 3ª Xeración e Bolseiro da Oficina de Desenvolvemento Sostible
24/04/2019 16:30-18:00 h. Práctica A herdanza: sucesión por causa de morte segundo o
Dereito galego e o estatal
Prof. Dr. Xaime Manuel Requeixo Souto. Facultade de Dereito (USC)
25/04/2019 16:30-18:00 h. Xeografía física da costa galega. Orixe, evolución e orixinalidade do noso litoral
Prof. Juan López Bedoya. Facultade de Xeografía e Historia (USC)
26/04/2019 16:30-18:00 h. Roteiro pola costa
Prof. Juan López Bedoya. Facultade de Xeografía e Historia (USC)