miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Santiago Futsal recibe mañá ao terceiro clasificado

O Santiago Futsal recibe mañá ao terceiro clasificado
Foto: Lola Martín
O Santiago Futsal recibe mañá ao terceiro clasificado

Os celestes queren volver ao camiño da vitoria despois da derrota a pasada xornada contra o CD Rivas Futsal e seguir así loitando por ese obxectivo tan bonito como é o playoff

O Software Delsol Mengíbar, terceiro clasificado da segunda división da LNFS, verase a cara mañá día 6 contra un Santiago Futsal que quere apurar todas as súas opcións ata o final de tempada.

Os celestes queren volver ao camiño da vitoria despois da derrota a pasada xornada contra o CD Rivas Futsal e seguir así loitando por ese obxectivo tan bonito como é o playoff.

O conxunto visitante, que só perdeu 4 partidos en toda a competición, chega a Santiago despois de gañar por 5-0 ao Gran Canaria FS como locais e quere manter a liña que lle levou a estar na parte alta da clasificación e ser considerado un serio candidato ao ascenso.

Na rolda de prensa previa ao encontro, o adestrador Santi Valladares analizou o choque de mañá, penúltimo partido en casa dos seus.

Con respecto ao seu rival admite “eles van querer ter o balón e teñen bos pasadores, pero se sabemos manexar determinadas situacións nas que eles son fortes teremos moito gañado”.

Con respecto ao obxectivo de fronte final de tempada expresou “imos tentar meternos no playoff ata que teñamos opcións, pero é importante lembrar que estes mozos fixeron unha campaña estupenda. Se temos o premio de entrar celebrarémolo, pero debemos recoñecer o mérito que ten este persoal”

Ao ser preguntado por Christian Chao, xogador fóra dos terreos de xogo para os próximos partidos, o adestrador local comentou “el non o encaixou ben a noticia polo feito de non poder axudar ao equipo. Christian adaptouse dunha forma estupenda ao equipo tanto no persoal como no deportivo e o importante é que se recupere”

Lembrar que o partido se celebrará ás 18:00 en Santa Isabel, unha hora antes do habitual.

Comentarios
Lo más