Noriega propón de novo a fusión de Teo, Ames e Santiago de Compostela
Se conseguira o seu segundo mandato considera que sería o momento adecuado para intentalo xa que afirma que os estudos din que hai predisposición por parte da mayoría da poboación
Martiño Noriega, alcalde de Santiago volveu a propoñer fusionar os municipios próximos á Santiago para "conformar unha gran capital" que teña mellores servizos. E fíxoo no acto de presentación do programa do seu partido para as municipais. Xa non é a primeira vez, xa que no 2015, momento no que aínda era candidato á alcaldía xa mostraba a súa opinión a favor de crear unha fusión entre varias entidades municipais.
Admite que o plan comarcal non funciona e que hai problemas de transporte e conectividade con zonas da área compostelana.
Se conseguira o seu segundo mandato, que asegurou que sería o definitivo, considera que sería o momento adecuado para intentalo xa que afirma que os estudos din que hai predisposición por parte da mayoría da poboación de Teo, Ames e Santiago de Compostela. Cree que pode haber a disposición nalgún dos grandes concellos da zona e que se una á proposta, o cal podería ser un "elemento catalizador para ir ao espazo de gran capital".
Noriega sostén que haberá máis beneficios que prexuízos neste proceso, con mellora da prestación de servizos e unha estrutura administrativa que chegaría a todo o territorio da fusión.