miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O servizo de ciruxía xeral estende ao Hospital da Barbanza as intervencións laparoscópicas para o cancro colorrectal

O servizo de ciruxía xeral estende ao Hospital da Barbanza as intervencións laparoscópicas para o cancro colorrectal
O servizo de ciruxía xeral estende ao Hospital da Barbanza as intervencións laparoscópicas para o cancro colorrectal

Os doentes da comarca xa non teñen que acudir ao Clínico para este tipo de intervencións, evitando afastarse do seu contorno

A Unidade de Coloproctoloxía do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva da Xerencia de Santiago - cuxos responsables son o doutor Jesús Pedro Paredes e Manuel Bustamante, respectivamente- estendeu as intervencións laparoscópicas para o cancro colorrectal ao Hospital da Barbanza, garantindo así as mesmas posibilidades de tratamento con respecto aos pacientes do Hospital Clínico, sen necesidade de desprazarse a Santiago.

A cirurxía laparoscópica é unha técnica que se practica mediante pequenas incisións, coa asistencia dunha cámara que permite a visualización do campo operatorio sendo hoxe en día a técnica de elección para o tratamento da maioría dos pacientes con tumores de orixe colorrectal.

Aproveitando a experiencia acumulada en cirurxía laparoscópica no cancro colorrectal do Hospital Clínico de Santiago e sempre mediante a supervisión da unidade de coloproctoloxía do Servizo de Cirurxía da XXIS, neste momento os pacientes da área da Barbanza son intervidos mediante as últimas técnicas cirúrxicas sen necesidade de afastarse do seu contorno más próximo.

As vías de diagnóstico e valoración son comúns, sendo todos os pacientes valorados no Comité Multidisciplinar de Tumores Dixestivos da XXIS nunha reunión semanal. Nesta xuntanza, os casos seleccionados que pertenzan a área da Barbanza son intervidos na súa maioría mediante o emprego de técnicas laparoscópicas que garanten a máxima seguridade no tratamento do seu proceso tumoral e con grande cantidade de beneficios adicionais para o doente: menor agresión cirúrxica, menor resposta inflamatoria e un postoperatorio menos traumático que supón unha mellor e máis curta recuperación dende o punto de vista físico e incluso psicolóxico.

Até o momento actual, dos pacientes presentados no Comité Multidisciplinar de Tumores Dixestivos, foi posible intervir a todos menos a un- en total 6, dende que se comezou a realizar esta técnicas no Hospital da Barbanza en setembro- todos eles mediante cirurxía laparoscópica. Ademais, esta posibilidade do tratamento de cirurxía minimamente invasiva, pódese empregar tamén para o tratamento en pacientes con outro tipo de patoloxías benignas, como a enfermidade diverticular, ou pólipos non susceptibles tratamento mediante colonoscopia.

Para o xefe de servizo, o doutor Bustamante “todo este traballo é posible grazas á colaboración dos profesionais do Hospital do Barbanza en concreto de todo o persoal da área cirúrxica, polo seu esforzo e implicación”.

Comentarios
Lo más