Volven a chuvias á cidade
08:00 04/04/19
08:00 04/04/19
En Compostela a temperatura mínima chegará aos 5ºC e a máxima ata os 11ºC
O xoves chegará a Galicia unha fronte fría co avance do día.
Con isto, agárdanse ceos anubrados en xeral, con chuvias que comezarán polo oeste durante a mañá e que se estenderán ao resto da Comunidade.
A cota de neve situarase nos 1.000-1.300 metros.
As temperaturas quedarán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima chegará aos 5ºC e a máxima ata os 11ºC.
Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados con intensidade forte no litoral e nas zonas altas.