jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Hernández quere revitalizar o Casco Histórico da cidade

Hernández quere revitalizar o Casco Histórico da cidade
Hernández quere revitalizar o Casco Histórico da cidade

O voceiro Popular remarcou que este Plan a probarase nos tres primeiros meses de mandato e será elaborado e levado a efecto pola Oficina de Rehabilitación


O candidato e presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, asegurou onte en rolda de prensa que, de obter a confianza dos santiagueses o vindeiro 26 de maio, porá en marcha un ambicioso Plan de Revitalización do Casco Histórico, que logre superar os actuais atrancos que existen para que a zona máis relevante da capital de Galicia non poda avanzar e modernizarse ao mesmo ritmo que o resto da cidade.

Hernández subliñou que Santiago non pode seguir soportando un Casco Histórico protagonizado por atascos; incumprimento horarios e limitacións de acceso; problemas de convivencia; lentitude nas autorizacións, ausencia dunha planificación e falta de limpeza, ademais dun progresivo abandono do comercio.

O voceiro Popular remarcou que este Plan a probarase nos tres primeiros meses de mandato e será elaborado e levado a efecto pola Oficina de Rehabilitación, entidade que “recuperaremos, a través do fortalecemeto da súa estrutura e contido”. Así mesmo, aclarou que o Plan “porase en marcha a través do consenso e a participación dos diferentes sectores sociais”.

A proposta dos Populares é xa a oitava cláusula do “contrato capital” que Agustín Hernández comprometeuse a asinar cos veciños de Santiago e ten como obxectivo principal eliminar situacións que soportan os veciños da zona vella santiaguesa todos os días. Así, explicou, “procederemos a reformular e a modernizar o sistema de acceso e de control de vehículos autorizados ao recinto da cidade histórica, cambiando o sistema actual por un control centralizado que permita ter información a tempo real dos vehículos que acceden, así como un seguimento das horas de entrada e saída, co fin de eliminar o caos de tráfico desta área”.

FIBRA ÓPTICA

Así mesmo, con este Plan tamén se levará a cabo un importante impulso á implantación da fibra óptica, por elo, en paralelo á redacción da actualización do Plan Especial, “a nosa proposta pasa por deseñar un catálogo de solucións técnicas que conte co visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio, un documento que inclúa desde o trazado por cornixas, soterramento ou despregue por rede de saneamento, para elo, elaboraremos un documento técnico completo con planos, deseños técnicos e especificacións, no que se detalle todos os parámetros arquitectónicos necesarios, así como as especificacións técnicas das obras e despregues de fibra”.

O devandito catálogo permitirá que as operadoras procedan á implantación ao contar coa seguridades xurídica necesaria e, unha vez redactado e aprobado, poderán realizaranse as xestións oportunas que darán cobertura legal e normativa e, ao mesmo tempo procederemos, en colaboración coa Xunta, a solicitar ao Ministerio a declaración do casco vello de Santiago zona branca NGA, é dicir, “aquelas que non dispoñen de cobertura de banda ancha de nova xeración, nin previsións para a súa dotación por algún operador no prazo de 3 anos, en base a plans de investimento cribles”, o que permitirá que se poidan acordar as axudas estatais de despregue de fibra.

Agustín Hernández tamén destacou que con esta proposta buscarase arranxar os actuais problemas de convivencia, mediante tres iniciativas como o despregue da Policía Local e coordinación coa Policía Nacional, para incrementar a súa presenza; a optimización do funcionamento das cámaras situadas; e a aprobación da ordenanza de convivencia da FEMP, para habilitar as forzas e corpos do Estado para actuar ante situacións de desordes.

Para Hernández, “os veciños e comerciantes do Casco Histórico non poden seguir soportando a lentitude nas autorizacións, polo que o Concello ten que converterse no socio imprescindible nas tramitacións das autorizacións, permisos e licenzas e non un obstáculo, para elo, dixo, reforzaremos as oficinas municipais e complementaremos os servizos correspondentes para garantir unha resposta rápida e clara; e reforzaremos e modernizaremos a Oficina do Casco Histórico para axilizar os seus informes”.

Ademais, “no Plan de Choque que temos deseñado acadaranse solucións para actual ausencia de planificación, a maiores da actualización do Plan Especial, polo que o Partido Popular de Santiago asume o compromiso de revisar o Plan de Xestión, cunha verdadeira participación dos colectivos sociais e redactarase un Plan Estratéxico que analice, diagnostique e planifique a mellora dos servizos, sobre todo, o das redes de abastecemento e saneamento”.

Dentro do Plan de Choque para o comercio da cidade, que nos vindeiros días presentaremos como unha medida máis, “priorizaremos as axudas e as iniciativas da cidade histórica, a través da discriminación positiva cara a actividades que xeren máis valor engadido.

Finalmente, Hernández destacou que, no novo contrato de recollida de lixo e de limpeza, “incorporaremos solucións tecnolóxicas innovadoras para o Casco Histórico, con vehículos máis pequenos e eficientes e cunha recollida mellor coordinada e planificada”.

Comentarios
Lo más