jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Falece un condutor despois de caer por un desnivel en Padrón

Falece un condutor despois de caer por un desnivel en Padrón
Falece un condutor despois de caer por un desnivel en Padrón

Como consecuencia do impacto, a vítima quedou atrapada no interior do turismo, polo que foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración

Unha persoa perdeu a vida esta tarde despois de caer por un desnivel o coche que conducía pola AP-9, ao paso por Padrón, en sentido sur.

Como consecuencia do impacto, a vítima quedou atrapada no interior do turismo, polo que foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración.

Foi outro condutor quen, ás 16:30 horas de hoxe, contactou co 112 Galicia para informar dun vehículo que acababa de saírse da vía. Pouco despois, comprobouse que o coche precipitouse por un terraplén duns 15 metros de profundidade e, no interior, o único ocupante do turismo estaba falecido e atrapado.

Para liberar á vítima, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Boiro e dos membros do GES de Padrón. Tamén foron informados os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias que só puideron confirmar o falecemento do condutor.

Do mesmo xeito, neste operativo colaboraron os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal da autoestrada, aínda que o coche estaba completamente fóra da calzada.

Comentarios
Lo más